Moito queixo en Arzúa

Moito queixo en Arzúa

12 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

As 10 da mañá do domingo abre as súas portas o Recinto Feiral Terra do Queixo. Conta cunha ampla mostra das distintas denominacións de orixe, nos que está ben representado o queixo galego coas denominacións de orixe galegas, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro e tamén a participación de queixerías de procedencia internacional, chegadas de Francia e Italia, así como do resto do estado como Menorca, Pirineos (Huesca)

Segundo os dados da Consellería de Medio Rural, as 56 queserías adscritas ao Consello Regulador de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa produciron no ano 2009 un total de 2.985.867 quilos de queixo cunha facturación estimada en 19.232.636 euros. A denominación tetilla produciron 2.100.000 quilos de queixo cun valor económica estimado de 13.650.000 euros. As denominacións de orixe Arzúa-Ulloa e Tetilla ocupan o segundo e o terceiro posto en produción a nivel nacional, só por detrás do recoñecido Manchego, que representa o 40 por cento do total de produción de queixo en España.

En Galicia aséntanse 75 queserías cunha media de 25.000 toneladas ao ano. O 90 por cento dos elaboradores de queixo tradicional pertencen ás denominacións Arzúa-Ulloa e TEtilla. O resto pertencen ás Denominacións de Orixe San Simón da Costa e Cebreiro. A D.O. Protexida Arzúa Ulloa foi recoñecida, de forma provisional, en 1995 e o seu regulamento aprobouse en 1997. Entre as súas zonas de produción están os municipios de Arzúa, Touro, Melide, Frades, Ordes, Oroso, Boqueixón, Vedra, A Estrada e Silleda. Pola súa banda, a de Tetilla obtivo o recoñecemento provisional en 1992, o seu regulamento realizouse en 1993 e abarca toda Galicia.

Cultura