Mollandose polos rios

Mollandose polos rios

23 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Queremos uns rios limpos e concienciar á sociedade sobre a necesidade de conservalos. Con ese propósito, ADEGA organiza uha vez máis o Proxecto Ríos. O domingo 29 de setembro, máis de 50 entidades, máis de 500 voluntarios en 35 localidades de toda Galicia lanzaránse a limpar os rios de residuos.

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Os organizadores animan a participar este ano para que ir ao río e recoller  ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza. O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. "Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito" salienta a entidade ecoloxista.

Se estás interesado en participar podes porte en contacto co Proxecto Ríos:

Correo: pacobanhobre@adega.info
Tlf. 981 57 00 99

Sociedade