Moncho Valcarce, o crego das Encrobas

Moncho Valcarce, o crego das Encrobas

02 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Moncho Valcarce "o crego das Encrobas" distinguíuse polo seu compromiso cos máis desfavorecidos e especialmente co mundo rural galego. O portavoz do BNG Xavier Vence lembrou a súa figura nun acto celebrado no cemiterio de San Amaro da Coruña, coincidindo co aniversario do seu pasamento.

O seu último destino eclesiástico foi no concello das Pontes. Alí formou parte dun equipo pastoral e levou varias parroquias. Sempre inquedo e activo, participou en programas de radio, foi vicepresidente dun grupo ecoloxista: "Niño de Azor", colaborou coas CC. LL. da zona e deu clases no instituto da vila. No outono de 1991 empeza a atoparse mal, descúbreselle un cancro irreversible, o seu aspecto cambia drasticamente até caer postrado na cama. Mostra unha entereiza e dignidade pouco comúns fronte ao sofrimento que padecía. Escribe un diario, e recibe a multitude de amigos sempre co humor que lle caracterizaba. Morre o 1 de febreiro de 1993 cando tiña 57 anos de idade.

Sociedade