Mondoñedo, capital poética galega

Mondoñedo, capital poética galega

30 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Os versos de Manuel Leiras Pulpeiro concibíronse ao abeiro das historiadas rúas de Mondoñedo, que en certo modo darían para un verxel no que celebrar incontables xogos florais, tal foi o parnaso galego que debemos á vila episcopal. Noriega Varela, Díaz Jácome, Cunqueiro, Iglesia Alvariño, Díaz Castro... Moitos son os nomes egrex

Nesta primeira edición de “Mondoñedo é poesía” participan 20 poetas, homes e mulleres de recoñecido prestixio no campo da creación poética actual como son Alicia Fernández, Carlos Negro, David Otero, Dores Tembrás, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Isidro Novo, José Juan Ferrrero, Mª Xosé Lamas, Marica Campo, Mario Regueiro, Baldomero Iglesias “Mero”, Miro Casabella, Olalla Cociña, Paco Rivas, Toño Núñez, Xabier Cordal, Xacobo Casal, Xaime Oroza e Xoán Xosé Abella. A parte musical deste recital estará a cargo de César Morán, que interpretará poemas de M. Leiras Pulpeiro musicados por el, e de Miro Casabella.

“Mondoñedo é poesía” comezará ás 13:00 horas no concello de Mondoñedo con unha recepción aos asistentes por parte das autoridades locais. Logo do xantar, a partir das 18:00 horas terán lugar o recital na rúa e en lugares emblemáticos da cidade, seguindo este itinerario: Cemiterio Vello, Praza do Concello, Praza da Catedral, Fonte Vella, O Cristo e Praza Jaime Cabot. Ás 19:30 horas comezará no Auditorio Pascual Veiga, con entrada libre e gratuíta, un recital poético-musical no que intervirán poetas e músicos convocados.

Cultura