Mondoñedo faise poema cando vén o maio

Mondoñedo faise poema cando vén o maio

01 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A nova edición do Festival Mondoñedo é Poesía encherá as rúas e outros espazos singulares do municipio lucense de recitais poético-musicais para poñer en valor a creación literaria galega e mindoniense de hoxe e de onte. Para iso contará coa participación de escritores e de músicos como Yolanda Castaño, Luz Pozo Garza, Chus Amieiro, Baldo Ramo

O evento continuará no auditorio municipal Pascual Veiga, que será o escenario do recital poético-musical que ofrecerán os e as escritoras Luz Pozo Garza, Lois Pérez, Yolanda Castaño, Eduard del Castillo, Eduardo Estévez, Baldo Ramos e Aleixandro Lago Barcala, acompañados polos músicos César Morán, Miro Casabella e Arcadio Mon. O audiovisual tamén estará presente nesta cita literaria cunha videocreación poética de Caxigueiro.

O Festival Mondoñedo é Poesía ten como principal finalidade achegarlle a poesía a todos os públicos, poñendo en valor o patrimonio literario mindoniense, en particular, e o galego, en xeral. Para iso recupera figuras como Álvaro Cunqueiro, Xosé Díaz Jácome, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela e outros moitos poetas nacidos ou formados en Mondoñedo, ao tempo que serve para difundir e dar a coñecer nomes da literatura galega actual que cultivan a poesía.

No festival, que reafirma Mondoñedo como un referente cultural, tamén terá cabida a creatividade dos máis novos. Alumnos e alumnas de centros escolares do concello e a contorna amosarán os seus traballos poéticos no ‘Tendal da poesía’ que se amosará no auditorio, onde tamén se instalarán algunhas librerías con obras dos escritores e escritoras que participan nesta nova edición do festival.

Cultura