ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os clubs de Terceira División participarán ao remate na Copa Galiza de fútbol. Os equipos desexaban entrar na competición, o que contou coas reticencias iniciais da Federación Galega de Fútbol. A mediación da directora xeral para o Deporte Marta Souto logrou finalmente o acordo.
A Federación indica que con caracter excepcional os 10 clubs galegos da Terceira División xogarán unha fase p revia. O Narón Balompé Piñeiros visitará ao Montañeiros da Coruña nunha eliminatoria a partido único. Xogaráse esta fase entre o mércores 11 de marzo e o xoves 19. A segunda fase da Copa Galiza xogaráse entre o 8 e o 22 de abril. Aquí o Racing de Ferrol visitará ao vencedor do partido entre o Lalín e o Compostela. A final da Copa Galiza xogaráse en maio nunha data ainda por definir. O campión da competición percibirá 18.000 euros e o subcampión 12.000 euros.