A mordacidade de Vidal Bolaño na comedia satánica “Anxeliños”

A mordacidade de Vidal Bolaño na comedia satánica “Anxeliños”

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Compañía teatral Espello Cóncavo representao vindeiro sábado no Pazo da Cultura de Narón a obra “Anxeliños”. Unha comedia satánica de Roberto Vidal Bolaño. O humor intelixente, corrosivo e mordaz do escritor non deixa indiferente a ninguén. Un pacto co diablo non é cousa de risa, pero é probable que do Pazo da Cultura os espectadores saian sorrindo.

“Anxeliños”, dirixido por Arturo López, preséntanos esta comedia satánica e disparatada. Na peza teatral, o humor de Vidal Bolaño ofrece a súa característica mordacidade.

O argumento xira arredor de Chali, un ex-policía franquista, dirixindo unha axencia de cobro de morosos. Na empresa acompañáo a súa filla e o seu xenro, así como o seu vello amigo, Tigre, tan fiel como inútil, e de Sor Anxélica, unha monxa empeñada en salvar almas á forza. Chali e os seus, serán capaces de calquera cousa pois adoecen de escrúpulos, con tal de salvar a axencia, chegando a pactar co diabólico gánster Damián.

O elenco fórmanno Estibáliz Veiga, Fernando Morán, Isabel Risco, Manu Fernández e Rodrigo Roel.

A cita con “Anxeliños” este sábado 24 de outubro, ás oito do serán no Pazo da cultura de Narón.

Cultura