Morre un home en Fene ao empotrar o veículo contra unha casa

Morre un home en Fene ao empotrar o veículo contra unha casa

22 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un home de 37 anos, JFC, perdeu a vida esta mañá nun accidente de tráfico en Fene, na N 651 á altura do Rego da Moa. Ocurría ás 7 menos vinte desta mañá, cando a víctima se dirixía ao seu traballo en Forestal del Atlántico en Mugardos. Segundo información da policia local de Fene, que se encargou de regular o tráfico tralo accidente, o falecido circulaba en sentido Cabanas, cando o coche se saíu da v&iacut

O conductor  do veículo sinistrado faleceu no acto. Os bombeiros de Ferrol, que chegaron ao lugar  10 minutos despois do aviso, foron os encargados de excarcelar á víctima. No lugar personouse o 061  a Garda Civil de Tráfico e a policia local de Fene.

O propietario e único morador da vivenda sinistrada, Víctor, salvou a vida por azar, ao encontrarse durmindo no seu cuarto, na parte posterior da vivenda. No boquete que pode verse ao circular pola N 651 aprécianse os enseres do interior da sala, cun televisor incluído. Esta mañá poidemos falar con Montse, da Moblería Timón, situada no lugar do accidente e que foi testigo do mesmo ao encontrarse no establecemento. A víctima, de 37 anos, morreu uns metros antes de coller a via rápida a través de Vilar do Colo en dirección a Mugardos onde traballaba.

Sociedade