Morre un home en Ordes ao envorcar un tractor

Morre un home en Ordes ao envorcar un tractor

09 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un home de 63 anos de idade, R.F.C., faleceu este mércores ao envorcar o tractor no que circulaba e quedar atrapado baixo o mesmo no municipio coruñés de Ordes, segundo informaron fontes do 112 e da Garda Civil.

O suceso produciuse ao redor das 17.20 horas, momento en que urxencias médicas deu o aviso ao 112 de que un home estaba atrapado baixo un tractor nunha leira próxima á igrexa de Leira, no lugar de Menlle.

Ao lugar do accidente desprazáronse os bombeiros, que tiveron que rescatar o corpo de debaixo da máquina, o Grumir de Ordes, a Garda Civil. Pediuse a asistencia do helicóptero do 112 con base en Santiago, pero finalmente anulouse a súa saída, ao constatar a morte do home.

Sociedade