Morreu Ana Kiro

Morreu Ana Kiro

24 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A cantante e comunicadora de Arzúa Ana Kiro faleceu ás 12.30 deste mediodía no seu domicilio de Mera (Oleiros), vítima dun cancro. A capela ardente instalouse no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Precisamente este foi o último escenario no que cantou a artista galega. Alí interpretou no ano 2007, durante unha multitudinaria homenaxe a toda a súa carreira, a canción Alecrín en compañía de Xosé Ram&oacute

O seu nome real era María Dores Casanova González. Nacera en Castañeda (Arzúa), pero a súa carreira comezou en Barcelona, onde a súa familia emigrara. Considerada a raíña da canción galega, editou máis de trinta discos ao longo dunha prolífica carreira. Tamén foi presentadora e actriz, toda unha icona para varias xeracións de galegos que a viron en centos de escenarios de todos os tamaños ao longo e ancho da xeografía galega. A súa carreira tamén tivo ampla repercusión máis aló de Galicia. Actuou en Europa e en América, en lugares onde a emigración galega ten ampla presenza.

Sociedade