Morreu Begonha Caamanho, a señora de Esmelle

Morreu Begonha Caamanho, a señora de Esmelle

27 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"Agora que o meu señor don Merlín dorme plácido ao carón da súa ciencia e dos seus sete saberes, e cando aínda  manteño nidias as lembranzas é, se cadra, o momento de que fale por fin o acontecido hai xa tanto tempo en Miranda e do que sempre se me prohibiu falar". Comeza así a novela Morgana en Esmelle, da escritora e xornalista Begonha Caamanho, que faleceu nesta xornada no Hospital Clíni

Con dúas novelas Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle, a xornalista Begoña Caamaño deuse a coñecer como escritora e conseguiu en só tres anos unha linguaxe propia que a situou entre os principais nomes da literatura dos nosos días. Confesábase herdeira das mulleres contadoras de historias, das avoas que non eran quen de poñelas por escrito, o que ela facía maxistralmente, conseguindo o aplauso de lectoras e lectores e da crítica que, en pouco tempo, lle otorgou premios como o Ánxel Casal, o premio da AELG, o Losada Diéguez ou o da Crítica da narrativa galega.

Feminista, como ela se presentaba, non dubidaba en imprimirlle tamén a cor lila á súa obra e defendía a súa proposta literaria con entusiasmo. "Antipatriarcal e feminista" dicía cando lle preguntaban polas súas novelas. Salientaba que pretendía coller os mitos, darlles unha volta, e transformalos nun relato emancipador.

Cultura