Morreu Staffan Morling

Morreu Staffan Morling
15 de Maio, 2020 - 09:51 h. | Publicada por Radio Fene

Morreu Staffan Morling, antropólogo sueco afincado en Bueu. Faleceu o pasado mércores aos 83 anos, segundo confirma a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. No ano 2006 foi nomeado fillo adoptivo de Bueu.

ESCOITA O PODCAST:
Staffan Morling

Calquera persoa que queira achegarse ao mundo das embarcacións tradicionais ten que empezar polo libro de Staffan Morling, a auténtica biblia da carpintería de ribeira en Galicia. El ven buscando a orixe das embarcacións construídas coa técnica do tingladillo, e atopa a dorna e o trincado. O tráfico de trincados tiña lugar entre Cedeira, Ferrol, A Coruña e Camariñas. Eran lanchas de transporte de mercadorías construídas en Maniños, Barallobre e Perlío, afirma o catedrático de Construcións Navais José María de Juan Garcia Aguado.

O Concello de Fene entregoulle ao antropólogo sueco Staffan Morling en setembro de 2015, no marco da Festa Mariñeira, un recordo en sinal de agradecemento polo seu traballo de investigación e divulgación das embarcacións tradicionais de Galicia. Morling participara en Fene nunhas Xornadas sobre a historia da ría impartindo unha charla memorable. Levaba anos afincado en Beluso en Bueu e foi profesor de inglés na Escola Naval de Marín.

Cultura

Publica o teu comentario agora