ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Área de Cultura da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao, inaugurou onte a exposición “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”, que está organizada pola Fundación Galiza Sempre e que conta coa colaboración do organismo provincial. No acto participaron, ademais de Bao, o director de Galiza Sempre, Xabier Macías; así como a deputada do BNG no Parlamento galego, Ana Luísa Bouza, e a mestra
A exposición recolle diversos materiais que dan testemuño da traxectoria e reivindicacións do movemento feminista e, segundo os seus promotores, pretende contribuír -por medio da reprodución de textos, publicacións, noticias e documentación gráfica- a “impulsar na sociedade galega a reflexión sobre os avances e cambios sociais promovidos polas entidades e organizacións defensoras da igualdade de dereitos das mulleres”.
Esta mostra itinerante iniciou a súa andaina o 20 de outubro en Santiago e percorreu desde entón diferentes vilas e cidades galegas como Porriño, Allariz, Tomiño, A Coruña e Vigo.
A iniciativa conta, asimesmo, co respaldo do Ministerio de Educación e da Deputación da Coruña, e organiza a información en 25 metros de paneis e diversos expositores estruturados en contidos como as precursoras; o avance do sufraxismo; a II República e a proclamación do Sufraxio universal; as mulleres e a Constitución de 1931; o golpe de estado e a guerra civil; a ditadura franquista; as primeiras organizacións de mulleres no franquismo; as agrupacións feministas galegas dos anos 70 e 80; o movemento feminista e a cuestión do divorcio; a violencia de xénero, sexualidade, e maternidade; a loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e os novos tempos e os novos recursos para a loita feminista.
O guión e os traballos de investigación e documentación foron realizados por Isabel Rodríguez Mate e recóllense fondos documentais de Nanina Santos Castroviejo, da Fundación 10 de Marzo, do Museo do Pobo Galego, e dos museos de Pontevedra e Massó. Nanina Santos Castroviejo, Mª Xosé Agra, Encarna Otero e a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega prestaron asesoramento en distintos aspectos.