Mostra restrospectiva dun anaco da nosa historia

Mostra restrospectiva dun anaco da nosa historia

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Manuel Azaña e a Segunda República” é o título da mostra que se inaugura este serán no Centro Cultural Carvalho Calero. Unha exposición itinerante para recuperar a memoria histórica do pasado recente, tendo como protagonista á figura de Manuel Azaña, Presidente da Segunda República e unha das personalidades máis emblemáticas do século XX.

A mostra organizada pola Asociación Cultural Manuel Azaña de León, estrutúrase en dous bloques con abundante documentación orixinal sobre este período político da historia de España. Aportacións principalmente,  da Asociación Manuel Azaña. O resto do material cedeuse por Izquierda Republicana e a Fundación Luís Bello.

A primeira parte desta exposición compóñenna diversas fotografías expostas en paneis que seguen unha orde cronolóxica, á súa infancia e mocidade e ás súas etapas da República e a Guerra Civil. Remata co seu exilio e o seu enterro na localidade francesa de Montaubaun o 4 de novembro de 1940.

“Manuel Azaña e a Segunda República” ofrece así mesmo material audiovisual. As dúas únicas gravacións sonoras que se convervan del ou a preparación do popular mitin do campo de Comillas (Madrid) pronunciado en outubro de 1935 e ao que acudiron máis de medio milleiro de persoas.

A mostra pódese visitar ata o vindeiro 6 de novembro  de once e media da mañá a unha e media do mediodía e de cinco a sete da tarde  de luns a venres 

Sociedade