A Mostra Rosalía sempre viva chega a Fene

A Mostra Rosalía sempre viva chega a Fene

31 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”. A Mostra itinerante que pretende conmemorar o 125 aniversario da morte da autora de Follas Novas, chega a Fene. Poderemos vela na Casa da Cultura dende mañán dia 1 ata o 15 de setembro. O horario de visitas será polas mañás, de 11 a 13 horas.
“Rosalía sempre viva. Viva, Rosalía!” é unha exposición interactiva e didáctica que percorre a vida e obra da aut

 A novidade dos documentos gráficos que conforman a exposición constitúen un grande atractivo para os visitantes, que gozarán dunha visión diferente ao tempo que rigorosa sobre a escritora. Esta exposición conta con 20 paneis luminosos onde se dá conta do papel de Rosalía dentro da cultura galega montados en cinco estruturas que inclúen elementos gráficos e textos e incluso un audiovisual.

Xunto cos paneis explicativos, os visitantes (sobre todo os máis novos) poderán usar a “Guía didáctica” editada para tal fin como fórmula de dinamización coa que facer un repaso sobre o visto e aprendido ao longo da exposición.

Unha unidade didáctica da exposición está ao dispor dos usuarios e usuarias na páxina web da Fundación Manuel María: manuelmaria.com.
Rosalía, sempre viva. Viva Rosalía! é unha iniciativa da área de Igualdade da Diputación de A Coruña en colaboración coa Fundación Manuel María e Mr Misto Films.

Sociedade