A moto na ría

A moto na ría

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Mergulladores de Protección civil recuperan unha moto do fondo da ría en Chapela. O vehículo fora roubado días atrás na cidade de Vigo e acabou afundida no peirao de Cardona na parroquia redondelán.

A inmersión dos efectivos do GRUMIR produciuse ás 10:30 horas da mañá de onte a petición da Policía Local. Para retirar a moto foi necesaria a colaboración dun barco mexilloeiro e coa axuda do guindastre da embracación foi posible izar o vehículo.Os ladróns que días antes roubaran a moto nunha rúa de Vigo botárana ao mar logo de utilizala.

Sociedade