Movendo todo o corpo

Movendo todo o corpo

30 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A danza oriental ou danza do ventre move todo o corpo. É un camiño de creatividade cara o autocoñecemento. Ten moita conexión co interior da persoa, movendo moita enerxia, provocando relaxación, aumentando a autoestima e conectando corpo e mente. “É un exercicio completísimo porque move todo o corpo” salienta Rosa Fernandez Salanova, directora da asociación de danza Shakti. 

A asociación de danza oriental anuncia un obradoiro de danza de Bollywood impartidos por Mistri en Ferrol.
O obradoiro de danza oriental impartiráse no Estudio Allegro, na rúa da Terra de Ferrol o vindeiro domingo 2 de febreiro en xornada de mañá.  As persoas interesadas poden inscribirse falando con Rosa Salanova no correo electrónico rosafernandezsalanova@hotmail.com. Rosa Salanova imparte clases de danza oriental en Ferrol, Narón e Fene.

Sociedade