Mudanza obrigada

Mudanza obrigada
12 de Novembro, 2019 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre traslada o seu partido para o campo dos Pinares. O encontro da Segunda Galicia de fútbol entre o Barallobre e o Monfero xogarase o domingo ás doce do mediodía no campo dos Pinares en Perlío, segundo confirmaron esta mañá fontes do club do Ramo. As desfeitas causadas na noite do domingo ao luns polo xabarín provocaron que o campo do Ramo quedara impracticable. Co tempo chuvioso non da marxe para recuperar o céspede. De feito o Barallobre terá que realizar o adestramento do venres no pavillón municipal.

O xabarín provocou unha desfeita no campo do Ramo de Barallobre

O Concello de Fene prestaralle axuda á Sociedade Deportiva Barallobre para elaborar unha memoria técnica coas necesidades do campo de fútbol da ribeira do Ramo. Detallaranse intervencións necesarias no peche da instalación, na zona do antigo vestiario e en canto á iluminación do recinto. Con esa memoria, a Sociedade Deportiva Barallobre poderá solicitar subvencións á Xunta de Galicia, Deputación provincial e ao Concello de Fene, segundo informou o alcalde Gumersindo Galego..

Deportes

Publica o teu comentario agora