Mugardos 10 potencias

Mugardos 10 potencias

13 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos 10 potencias é unha iniciativa socio-cultural e dinamizadora que pretende poñer en valor social a dez potencias de carne e oso que habitan na vila, pero pasando sin pena nin gloria para a maioría da veciñanza. Detrás da iniciativa están Silvia Pérez e César Pena, dous xovenes desempregados que tiveron a feliz idea de citar aos dez protagonistas o sabado 22 de febreiro na sociedade Amigos da paisaxe galega no Seixo, ás 20h. Ter&aacu

No rosario de potencias está Tomás, un arquitecto que soña con rehabilitar a vila mugardesa; está Alicia, unha peixeira que vende o peixe a golpe de Wasap. E está a bicampioa de España de bateis, unha rapaciña chamada Nicole. E Miguel, un enorme fotógrafo, e Rebeca, licenciada en Belas Artes que esculpe doces.  E están os do Zulo e Juan, de Salvamento Marítimo dende o aire. E outro Juan que catalogou todolos lavadoiros e fontes mugardeses. E por último, Simón, un viaxeiro contrabaixista que será a estrela que pecha as potencias.

A pesar de ser potencias mugardesas e a pesar do pequeno que é o pobo, moitos non se coñecen entre eles. Por iso, aínda que de autoestima os mugardeses non andan mal, aí está para demostralo o dito “ Para mariñeiros nos”, non estará nada mal sbaer a quen se ten.

As entradas véndense nas librarías de Mugardos e en comercios como Multigim, O Malecón, Jaraveta e na Sociedade do Seixo que ten capacidade para 250 persoas. A cita, o sabado 22 ás 20h.

Sociedade