Muiño de maré

De ruta entre Cabanas e Fene
02 de Novembro, 2020 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

Muíño de Rio Castro e igrexa de San Martiño do Porto son os puntos de interese e visita con Eva González, técnica de turismo do concello de Cabanas.

ESCOITA O PODCAST:

A técnica de turismo de Cabanas, Eva González levounos hoxe pola costa, ao extremo do concello de Cabanas, lindando xa con Fene, para coñecer o muíño de Rio Castro. A curiosidade deste muíño mixto é o seu doble funcionamento como muíño de marea e aproveitando tamén o río. En palabras de Eva González, despois de adicarse a moer gran, a primeiros do século XX adicouse á moénda de madeira de vide para fabricar pólvora. O concello de Cabanas ten programada unha ruta que nos leva polo monte sobre a liña de costa, entre a praia da Magdalena e a praia de Rio Castro, pasando por Chamoso e os muíños do río Castro, Cabada, Trigo e Cabalo. Ao final visitamos unha xoia arquitectónica de índole relixiosa como é a igrexa de San Martiño do Porto, ubicada na estrada a Mugardos e datada no século XV. Destaca a fachada barroca do XVIII, obra dos irmáns Alberto e Melchor Ricoy, e a cabeceira, de estilo renacentista. (Na imaxe, muíño de Río Castro)

Cultura

Publica o teu comentario agora