A muller do porvir en Concepción Arenal

A muller do porvir en Concepción Arenal
28 de Decembro, 2018 - 10:21 h. | Publicada por Radio Fene

A Concepción Arenal, nacida en Ferrol en 1820 e morta en Vigo no 1893, tocoulle viver nunha época crucial de transformacións mesmo revolucionarias. O século dezanove é o do triunfo da burguesía, da revolución industrial, da configuración do proletariado como clase social. Na Comuna de París, primeira insurrección da clase obreira, as mulleres van ter un papel fundamental. En Ferrol a estatua de Concepción Arenal inaugurouse en 1987. É obra do escultora Xosé Cid Menor. Situase na avenida de Esteiro, fronte á igrexa das Angustias.

 A muller do porvir en Concepción Arenal

Concepción Arenal coñece moi ben e mesmo participa da polémica sobre a inferioridade física, psíquica e intelectual das mulleres. O século dezanove coñece tempos onde as mulleres actuan, saen á rua para conquerir os seus dereitos. En Estados Unidos, as mulleres votan por primeira vez en 1869 no estado de Wyoming. Galicia erguerá as voces de Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal na defensa do dereito á educación e á instrucción das mulleres. Mäis Concepción Arenal non só falou e escrebeu, senón que tamén actuou, practicou os dereitos que reivindicaba. Disfrazada de home, estudou leis na Universidade de Madrid. Non dispuxo nunca do título de avogada para poder traballar, pero tiña os coñecementos necesarios. En 1873 foi nomeada visitadora dos cárceres de mulleres de Galicia e no 1878 inspectora das Casas de Corrección de Mulleres. Na súa obra “La mujer del porvenir” expón con clarividencia intelectual e científica o seu posicionamento sobre a capacidade das mulleres.

 

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora