A muller do presidente do Racing de Ferrol faleceu esta mañá

A muller do presidente do Racing de Ferrol faleceu esta mañá

31 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A morte dunha muller, conmocionóu esta mañá as inmediacións da Praza de Amboaxe en Ferrol. Unha muller precipitouse dende o balcón da súa vivenda, na rúa Real, á altura de Amboaxe a iso das nove da mañá. Segundo trascendeu enseguida, trátase da muller do coñecido empresario ferrolán e presidente do Racing de Ferrol, Isidro Silveira.

O levantamento do cadáver producíase ás 10,30 e posteriormente se procedía a practicarlle a autopsia. Non trascendeu máis nada que a identidade da muller, sin que podamos establecer as causas da caída mortal.

Sociedade