Muller e igualdade

Muller e igualdade

08 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

No Museo Etnográfico de San Paio de Narla arrincan esta tarde as II Xornadas sobre muller e igualdade baixo o título "Perspectivas de xénero sobre Patrimonio cultural e Museo". Participan no debate membros da Asociación Implicad@s no Desenvolvemento e amósase unha exposición fotográfica de Carlos Valcárcel con abundantes testemuños da actividade social das mulleres no mundo rural e mariñeiro. En pr&o

PROGRAMA:

Día 8 ás 5 da tarde no Museo Etnográfico de San Paio de Narla: Muller e dereitos

- O traballo co enfoque de xénero de Implicadas. Xénero e cooperación.

- Presentación da Campaña de 1de 200, de erradicación do infanticidio infantil en Salem (unha manifestación da violencia de xénero. A presentación da campaña será con videos e reflexións guiadas.

- Muller e inmigración, emigración.

- Exposición de obra de Carlos Valcárcel referente a muller e o seu entorno.

Día 12 ás 5 da tarde no Museo Etnográfico de San Paio de Narla. Enfoques da muller co patrimonio cultural e un museo do etnográfico: Museo, Muller e Agricultura.

-Reunión de mulleres en torno á colección etnográfica para falar da memoria da muller no mundo rural.

Día 19 ás 5 da tarde no Pazo de Tor. Muller na hitoria, historia de mulleres: presencia VS ausencia.

-Conferencia e obradoiro sobre creatividade feminina en Tor.

-Inauguración da mostra: "Os meus ollos, as túas mans" en Tor: Conformada por un conxunto de ilustracións coa temática do xénero e a pobreza. Plasma a visión (ollos) sobre a cooperación das voluntarias de implicadas, plasmada polas mans de varias ilustradoras.

Día 26 ás 5 da tarde no Museo do Mar de San Cibrao. Enfoques da muller co patrimonio cultural e un museo do mar: (Reunión de mulleres para falar da memoria da muller no mundo do mar)

- Exposición de obra de Carlos Valcárcel referente a muller e o seu entorno.

Os participantes en todas as xornadas recibirán un certificado de asistencia de 12 horas. Ademais seguindo o programa didáctico para escolares sobre igualdade, entregarase material didáctico a todos os grupos escolares que visiten os museos e proxectarase un vídeo antes de todas as actividades escolares.

Sociedade