Mullerazas pola igualdade

Mullerazas pola igualdade
28 de Marzo, 2019 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

"A igualdade de xénero hai que traballala todo o ano e non só o oito de marzo" afirman Ana Loredo e Lidia Pena, actrices de Criando malvas teatro. Levan tres anos coa obra Mullerazas e chaman a Concellos, asociacións e centros de ensino a extender  As boas prácticas e a perspectiva de xénero deben empapar a actividade cotidiana.

ESCOITA O PODCAST:
Ana Loredo e Lidia Pena, de Criando malvas teatro

Rematan as actividades programadas en Fene con motivo do Día da Muller. O último venres de marzo preséntase na Casa da Cultura a obra “Mullerazas” de Criando malvas Teatro. Unha obra con música en directo, para todos os públicos pero especialmente enfocada para crianzas de 3 a 9 anos. As actrices, Lidia Pena e Ana Loredo, a través da fantasia das duas protagonistas, dannos a coñecer as figuras de catro mulleres científicas Amelia, Ángeles, Mary e Valentina, referentes femininos dos que tan faltas están as rapazas.

Unha obra educativa escrita por Maite Dacosta, desde unha perspectiva feminista e onde se traballa a igualdade. A división dos xoguetes para nenos e nenas está sesgando a liberdade de escolla dende edades moi temperás, en palabras da actriz Lidia Pena. “Mullerazas” represéntase na Casa da Cultura de Fene este venres as 18,30h.

Sociedade

Publica o teu comentario agora