Mulleres ao pé do canón

Mulleres ao pé do canón
02 de Novembro, 2020 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

Nos arredores da Rúa do Concello de Fene atopamos tendas de moda para os máis pequenos e os que xa van crecidiños, tamén zapaterías ou mercerias. Todas elas, digo elas porque as que sacan a flote estes comercios son todas mulleres, volveron a abrir despois do confinamento.

ESCOITA O PODCAST:
Conchi García de Mismores

Lualé, Moda Fene, Costuras, El baúl de Bego, Un pedacito de mi ou Mismores. Pequeno comercio local, autónomas que investiron os seus aforros en levantar os seus negocios. A elas non lles afecta o toque de queda coma á hostalería, pero si a crise económica, a incerteza e o medo do porvir.

O 13 de Marzo foi un día clave para todos, máis para María Elena García e a súa irmá Conchi García, as donas de Mismores, foi especialmente duro. Inauguraban a súa tenda en menos dunha semana. Toda a mercancía quedou no almacén sen data de venda a vista. Inversións que non sabían se ían poder recuperar.

O medo xeneralizouse, ningunha das mulleres que se levantan cada día para abrir os comercios de Fene sabían como ía ser a que agora chaman “nova normalidade”. A pandemia estaba aí, igual que os alugueres ou as facturas, como explica Begoña Lopez, ao frente da tenda de moda El Baúl de Bego.

Cando volveron a abrir as nosas protagonistas percatáronse de que a situación requería da aplicación de novas medidas sanitarias. Todas tiveron que restrinxir os aforos, mercar xeles hidroalcólicos e desinfectar continuamente como explica Sandra Montero, á cabeza da mercería Costuras. Isto supuxo cambiar completamente a forma de traballo.

A pesar desta ristra de desgrazas seguen ao pé de cañón. Todas estas mulleres están dacordo nunha cousa: Non serían quen son sen a xente, débenlles a recuperación tras un periodo de tempo tan malo e agradecen, unha tras outra, cómo houbo quen se volcou en axudar e fomentar o comercio local. “Non somos ninguén sen os clientes”, sentendia Manuela Hermida, de Lualé.

O mesmo dín desde Un Pedacito de Mi. Sandra Dopico fala da solidaridade da xente e de como, aínda que tivera que ser de forma telemática, intentaban colaborar con ela.

Elas son a representación de moitas outras. Elas son as que traballan día a día para que, quen o desexe, poida ter todo o que necesite na casa e ademáis axudando á economía local. Elas son a voz dos comerciantes de Fene. Mulleres que, a pesar dunha pandemia, seguen loitando por manterse a frote.

Sociedade

Publica o teu comentario agora