Mulleres negras

As xornadas celébranse do 13 de novembro ao 4 de outubro en Burela.
10 de Setembro, 2019 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

Burela acolle as Xornadas Diversidade Étnico-racial organizadas polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

As Xornadas Diversidade Étnico-racial, serán a primeira cita do outono que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Terán lugar en Burela do 13 de setembro ao 4 de outubro e inclúen catro charlas/obradoiro co obxectivo de analizar e debater temas de xénero, interculturalidade e historias da vida que afectan ás mulleres racializadas así como a presentación do libro “Mulleres negras na ciencia” nos IES Monte Castelo e O Perdouro para dar visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que fixeron historia na ciencia coas súas achegas.

Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto "Mulleres negras que cambiaron o mundo" e autora do libro "Mujeres negras en la ciencia" así como con Jeane Costa, diplomada en Maxisterio que imparte, entre outros, seminarios de educación sexual integral para alumnado e familias, membra tamén de Afrogalegas.

O primeiro acto terá lugar este venres, 13 de setembro, a partir das 20.00 horas na Sala Multiusos da Casa da Cultura de Burela, un relatorio arredor da lei de estranxeiría con perspectiva de xénero e desde a ollada da diversidade étnico-racial.

Sociedade

Publica o teu comentario agora