Mulleres plenas, desesperadas, namoradas

"Queridas donas" de Isabel Spada expónse na Casa da Cultura de Fene.
02 de Outubro, 2020 - 10:34 h. | Publicada por Radio Fene

Isabel Spada leva nove anos no mundo da pintura no que atopou unha terapia tras un problema de saúde. Agora expón na Casa da Cultura de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Xa tiña cualidades artísticas desde pequena. Isabel Spada expón na Casa da Cultura de Fene “Queridas donas” unha mostra adicada exclusivamente ás mulleres. Son 34 obras nas que, agás dúas, as homenaxeadas son mulleres reais. Un problema de saúde desatou, hai nove anos, a súa entrega á pintura. “É unha terapia, unha liberación” afirma a pintora fenesa que comezou coa acuarela e seguíu investigando outras técnicas. A madeira tenna enfeitizada, unha madeira africana, a samba, que ten, dí, moi bo uso para isto. “Ás veces utilízoa como marco e ás veces como obra en sí mesma”.

Coa temática ocurre o mesmo. Nesta exposición, é tan variada como mulleres hai nela, “mulleres desesperadas, namoradas, plenas…” describe a pintora. O proxecto de Isabel Spada é seguir mellorando porque afirma “isto é unha aprendizaxe contínua”. Entre os seus obxectivos máis inmediatos está incidir no retrato e facer cousas distintas, ampliar a perspectiva.

“Queridas donas” continuará colgada na Casa da Cultura de Fene ata o dia 10 de outubro e pode visitarse tanto de mañá como de tarde. Alí atoparán a Bety, Bego, Sol, Eva, Sandra, Rosa ou Cris, mulleres con nome propio.

Cultura

Publica o teu comentario agora