As mulleres reaccionan

Movementos feministas de todo o Estado se movilizan mañá contra os que negan a violencia de xénero
14 de Xaneiro, 2019 - 10:14 h. | Publicada por Radio Fene

O 15 de xaneiro quedará como un dia de loita feminista contra as forzas de dereita que usan a lei de violencia de xénero como moeda de cambio nos seus pactos políticos. A convocatoria arrancou de Andalucía e foi extendéndose ata Galiza.

 

“Os nosos dereitos non se negocian. Nen un paso atrás en igualdade” Con este lema responderán mañá as mulleres de todo o Estado ao pacto de Andalucía no que tres forzas políticas poñen en tela de xuizo a lei contra a violencia de xénero. En solidaridade coas mulleres andaluzas naceu esta convocatoria que se extendeu por todas partes e que mañá quedará patente en cando menos 55 cidades, entre elas as cidades galegas. Frente á negación da existencia da violencia de xénero, os datos son tozudos e deixaron o ano pasado 98 mulleres asasinadas, moitos nenos-as orfos e a extrema violencia das Manadas contra as mulleres.

As manifestacións de mañá son unha resposta ao fundamentalismo que quere dar marcha atrás á loita das mulleres pola igualdade. A isto responde o movemento feminista que o século XXI será o século das mulleres. As da Coruña e Vigo serán as principais convocatorias a nivel galego, pero Ferrol tamén acollerá unha concentración na Praza da Constitución no Cantón, mañá martes 15, ás 20.00h.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora