Multa pola caca de can

Multa pola caca de can

02 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, dende o programa Ordes sostible, puxo en marcha unha campaña de concienciación contra o abandono de excrementos caninos na vía pública. Esta campaña pretende solucionar os numerosos problemas para os veciños e queixas que se derivan do abandono dos excrementos caninos na vía pública, parques ou zonas de recreo do municipio.

Así, dende o Concello de Ordes, pretenden sensibilizar e concienciar aos propietarios de animais de compañía do grave perxuicio e do malestar que supón esta cuestión para o resto de cidadáns do municipio, así como informar acerca dos problemas de hixiene e insalubridade que conlevan este tipo de conductas incívicas.

Segundo palabras do concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, a campaña incide tamén no elemento sancionador, facendo fincapé na multa que se pode aplicar ante esta infracción, considerada leve segundo a ordenanza municipal relativa á tenencia de animais domésticos, que establece unha cantidade de 30 a 60 euros por non recoller as deposicións.
Mediante a colocación de carteis e cuñas radiofónicas, o Concello espera mellorar notablemente a hixiene do termo municipal, ademais de fomentar o respeto aos demais, evitar as molestias olfativas e a atracción de insectos.
Tal e como explicou o edil, “queremos alertar sobre os deberes que conleva a tenencia de animais para os donos, que deben de evitar as molestias que poidancausar as súas mascotas ao resto de cidadáns para facer de Ordes un pobo sostible”.  

Sociedade