A musicoterapia, unha cura do corpo e do espírito

A musicoterapia, unha cura do corpo e do espírito

26 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha terapia que emprega a música como medio para facilitar un cambio”. Así  se podería definir a musicoterapia, un obradoiro que comeza esta tarde no Pavillón de San Valentín dentro do programa de actividades dirixidas á mulleres organizado polo Concello de Fene. Unha ciencia universal que se remonta aos comezos da historia.

De catro a oito desta tarde as mulleres anotadas no obradoiro de musicoterapia afondarán nos beneficios da música segundo as necesidades de cada persoa. Un proceso continuado e que se alonga no tempo.

Unha actividade coa que que podemos coñecernos mellor. As participantes explorarán e experimentarán coa música para afondar no coñecemento. Segundo a formadora deste obradoiro, Ana Seijo, satisfarán a súa curiosidade e coñecerán xente nova.

Un obradoiro práctico no que xogarán e participarán coa música. Empregarán a creatividade co seu corpo, coa súa voz, con instrumentos como os de percusión. Melodía, harmonía e ritmo son os compoñentes básicos da música.

A musicoterapia ten tamén as súas aplicacións clínicas como en doenzas como o alzheimer ou o parkinson. Tamén se dirixe a persoas con dificultade de expresión e atopan na música unha canle para facelo.

Sociedade