Muxía rescata do esquecemento popular a figura do poeta López Abente

Muxía rescata do esquecemento popular a figura do poeta López Abente

13 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Gonzalo López Abente (1878-1963) foi un dos fundadores das Irmandades da Fala, formou parte da Real Academia e presidiu a Asociación de Escritores de Galicia. Obras como Nemancos ou Buserana fixérono merecedor en 1971, cando nin sequera pasaran os dez anos de rigor desde a súa morte, da homenaxe do Día das Letras. Por&eacute

“O obxectivo principal é dar a coñecer a obra e a figura de López Abente, aínda que nacemos cunha vocación máis ampla de promover en xeral a cultura na Costa da Morte”, explicou a Radiofusión o vicepresidente da Fundación, Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

López Abente cultivou o xornalismo, a narrativa e o teatro, pero, sobre todo, foi poeta. Os seus versos son eloxiados por moitos profesores, críticos e escritores actuais. “Xosé Luís Méndez Ferrín, por exemplo, é un gran admirador da súa obra”, apunta Rivadulla Corcón, quen recoñece, pola contra, o esquecemento popular que sofre o autor. “A principal razón é que a súa obra é dificilísima de atopar”, explica antes de anunciar que, precisamente, un dos primeiros retos da fundación vai ser a reedición dos libros de López Abente. Entre eles, sacarán á rúa un inédito, Brétemada, considerado un “enigma”. “Escribiuno no en 1922 e publicáronse algúns fragmentos nalgunhas revistas, pero non sabemos por que non viu á luz”, explica o vicepresidente da entidade.

Cultura