Núñez Feijoo recibiu en Ferrol aos directivos de Pemex

Núñez Feijoo recibiu en Ferrol aos directivos de Pemex

07 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Directivos de Pemex iniciaron en Ferrol á primeira hora deste venres o seu periplo por Galicia tras a recente adxudicación de dous floteis aos estaleiros de Navantia na cidade naval e de Barreiras en Vigo. Con tan só unha hora de antelación, confirmábase a celebración dunha recepción oficial no Concello, á que acudiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

O mandatario galego considerou que as novidades para o sector e a propia visita desta xornada constitúen unha «oportunidade de acreditar que xa quedan poucos meses» para que as plantas públicas confirmen a súa capacidade para construír buques civís. Asegurou que esta é unha «oportunidade de Pemex a Navantia, a Galicia e a Ferrol». O contrato asinado entrará en vigor o 17 de febreiro, segundo aseguraron os representantes mexicanos esta mañá. A reacción non se fixo esperar e o Bng xa calificou a visita sorpresa de “ secretismo institucional indigno dun representante público”.

Sociedade