Na caza de arcos da vella

Na caza de arcos da vella

25 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A descomposición cromática da luz branca debida a fenómenos naturais (arco da vella, desxeo, aureolas luares, etc) ou provocada artificialmente (aspersores, ventanais, prismas...) constitúen o tema central do Concurso fotográfico “Cazadores con Arco (Iris)” organizado polo Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF). O premio consistirá na impresión dalgunhas obras seleccionadas, a súa exhibici

O certame pretende estimular a creatividade do público; atribuirlle un papel activo, alleo a clichés decimonónicos e cimentado sobre unha relación cercana, fluida e recíproca coas obras de arte contempladas e os seus autores. Profundizarase nun tema visual directamente relacionado co contido da exposición que resulta especialmente oportuno nun lugar como Galicia (polo seu clima húmido e as súas arquitecturas acristaladas) e nunha época como o comezo da primavera (con gran variabilidade meteorolóxica).

Poderán participar todas as persoas que dispoñan dunha cámara fotográfica dixital e acepten a invitación á exploración e o xogo. Non importan idade nin experiencia. A recepción de fotografías remata o domingo 29 de maio e a exposición permanecerá aberta do 1 ao 19 de xuño. 

A exposición dos traballos seleccionados ocupará as paredes da cafetería-sala de descanso, ou de calquera outro espazo común do Museo que a organización considere adecuado. 

As fotografías deberán enviarse á administración do blog da exposición (frecuenciasenmacuf@gmail.com.) como arquivos jpeg cunha resolución de 300 puntos por polgada e unhas dimensións máximas de 250 mm. no seu lado máis longo e 187,5 mm. no seu lado máis curto, especificando título e nome do autor. Se son seleccionadas para a exposición, o Museo imprimiraas ao 100% do seu tamaño sobre papel fotográfico e montaraas en cartón-pluma.

Cultura