Na montaña rusa

Cultural Maniños 10- San Sadurniño 1
07 de Outubro, 2019 - 10:39 h. | Publicada por Radio Fene

Na montaña rusa anda o Cultural Maniños, segundo declarou o técnico Pablo Mesa. Pasan de perder de seis co Perlío a gañar de 11 ou de 10 como ocurría onte.

ESCOITA O PODCAST:

O Cultural Maniños está nunha montaña rusa, acaparando resultados coma o desta semana, C. Maniños 10 - San Sadurniño 1, ou perdendo o derbi da xornada anterior fronte ao Perlio, recibindo seis goles en contra. No campo do Pote facía calor e o campo continúa co sistema de rego avariado e moi seco, polo que o balón circulaba lento. De feito houbo duas lesións, a de Fabio e Junior, relacionadas con esta situación, segundo Pablo Mesa.

O marcador moveuse pouco na primeira metade, poñendose o Maniños por diante cun resultado de 1-0. Recén iniciada a segunda parte os locais executaron catro goles máis en seis minutos. Aí rachou o encontro e o resto foi pan comido.

Na próxima xornada, o Cultural Maniños visita ao Mugardos B, un equipo “moi rápido, intenso e moi competitivo” en palabras de Pablo Mesa. Hai que estar atentos porque non son un filial ao uso, segundo o técnico do Maniños.

Deportes

Publica o teu comentario agora