Nace a Copa de fútbol feminino en Ferrolterra

Nace a Copa de fútbol feminino en Ferrolterra
30 de Xaneiro, 2024 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

O fútbol feminino de Ferrolterra estrea competición de Copa. Os cuartos de final disputaranse o día 11 de febreiro. O Perlío feminino terá no Estrella ao seu primeiro rival. 

ESCOITA O PODCAST:

“Un partido complicado, coñécennos ben, nós a elas tamén, esperamos xogar un partido bo, xogar o fútbol que nos gusta e intentar pasar a eliminatoria”, declarou o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinki. O míster aplaude a creación da Copa feminina de fútbol “penso que lle facía falta á zona de Ferrolterra, fai máis visible o fútbol feminino”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora