Namorate do Entroido en Fene

Namorate do Entroido en Fene

22 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Namorate do Entroido en Fene. Ese é o lema da campaña da asociación de comerciantes O Cruceiro. Ofrecerán aos clientes dos establecementos asociados vales desconto de ata un dez por cento nas datas do Carnaval. Ademais promoverán un concurso de disfraces para o sábado seis de febreiro. Entre as persoas participantes sortearán unha gran cesta de Entroido, segundo indicou esta mañá o novo presidente da asociación Sergio Pico.

O concelleiro de Promoción Económica César Castro adiantou o apoio municipal a entidade. O comercio e os servizos é un sector fundamental en Fene, segundo afirmou.

Forman a nova directiva da asociación, Sergio Pico, Eduardo López, Noelia Santamarina, Ramón Dominguez, Juan Manuel Ramos, Mari Carmen Molina e Laura Cascallana.   A asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene,”o Cruceiro”, naceu en dousmil oito coa finalidade de dinamizalo sector da pequena empresa, no concello de Fene. A tarefa principal da asociación é axudar á promoción dos establecementos asociados con campañas de fidelización da clientela ao longo do ano.

Sociedade