Narón acolle esta fin de semana a quinta concentración moteira dos Fojeteiros

Narón acolle esta fin de semana a quinta concentración moteira dos Fojeteiros

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un ano máis, o motoclub local promove este encontro co obxectivo de dar a coñecer “todo o que se move ao redor do mundo das motos ademais de crear un punto  de referencia para os afeccionados de toda Galicia e mesmo de fóra”. Segundo as previsións do presidente dos Fojeteiros, Santiago Galego, este ano participarán na concentración máis de setecentos moteiros procedentes da comarca pero tamén de distintos puntos da xeografía esp

O programa de actividades comezará hoxe venres, ás seis do serán, coa inauguración do encontro no paseo marítimo de Xubia e con distintos concertos a cargo de grupos noveis da comarca e doutros cunha longa traxectoria como Amadeus, TST, Lady Evil ou Riff Raff.

Na mañá do sábado celebrarase unha primeira “rota mototurística” pola zona de Valdoviño e pola tarde, xa no polígono de Río do Pozo, haberá distintas exhibicións de acrobacias a cargo do piloto oficial da BMW, Narcís Roca, e do subcampión español de trial, David Sellero. Tamén como atractivo para este segundo día, os Fojeteiros anuncian pola noite a denominada “rota dos fachos” pola estrada de Castela e, xa de volta ao paseo de Xubia, unha actuación humorística do grupo Maldados.

A quinta concentración moteira de Narón concluirá o domingo  cunha nova rota mototurística polos concellos de Fene e Ares, aproveitando a celebración ese día do Corpus Christi e a confección das tradicionais alfombras florais na vila. Ao remate, os participantes reuniranse nun xantar de confraternidade.

Deportes