Narón - Santa Comba: choque entre iguais

Narón - Santa Comba: choque entre iguais

13 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Narón recibe mañá sábado pola tarde no estadio de Rioseco a un rival directo, o Santa Comba. O partido da Terceira División do fútbol comezará ás 17 horas. Os desempregados que presenten a cartilla do paro e o DNI terán entrada gratuita.

O Narón ocupa na actualidade a novena posición con 38 puntos. O seu rival desta xornada, o Santa Comba, é octavo con 39, polo que unha victoria permitiría ao equipo de Luis Miguel García achegarse aos postos da promoción. O técnico non poderá contar co dianteiro Iñaqui, que se recupera dunha microrrotura de abductores.

 

 

 

Tamén na Terceira División o Somozas visita mañá domingo ao lider, o Compostela. Os de Germán Amil acuden a Santiago sen nada que perder. O Somozas é na actualidade décimo terceiro con 35 puntos.

Deportes