Natación artística e solidaria

Natación artística e solidaria
02 de Abril, 2020 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Sincro Ferrol leva a cabo varias iniciativas na situación de confinamento. As adestradoras envían exercicios semanas para que as nadadoras non perdan a forma física. As sesións correspóndense cos días que adestraban antes. Envían mensaxes de ánimos ás nadadoras e manteñen un feedback mediante fotos e vídeos.

Natación sincronizada coa solidaridade

O Club tamén propón retos no Facebook, o que ten moi boa acollida entre as nadadoras e as persoas da súa contorna.
Toda a familia do Club Sincro colaborou nun vídeo de agradecemento a todo o persoal de primeira liña na batalla contra o COVID 19. Falan das farmacias, transportes, loxística, supermercados, peixerías, agricultura, gandería, corpos de seguridade, limpeza e persoal sanitario.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora