Nathalie Quintane, a poesía revolucionaria de Francia

Nathalie Quintane, a poesía revolucionaria de Francia

27 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Cada momento revolucionario en Francia (1789, maio do 68, ...) veu precedido dunha certa eclosión poética. Os versos sempre acompañaron ao rebelde, e agora Nathalie Quintane pode convertirse nun exemplo dunha nova xeración que ilustra a rebeldia fronte a Sarkozy, pero tamén contra os partidos tradicionais e contra os grandes sindicatos.

Nathalie Quintane afirma : "O feito é que estamos afectados polo encarceramento, arbitrario, dun mozo con ideas". Ao principio de Tomates, ela indica que, a indignación ante o destino de Julien Coupat coincide co redescubrimiento dos textos de Auguste Blanqui (1805-1881), un revolucionario que pasou trinta e seis anos nunha cela e que se alcumou "o Encerrado".

Julien Coupat foi detido e encarcelado en novembro do 2008 acusado de sabotear as liñas do tren de alta velocidade, no medio dunha campaña contra o traslado por ferrocarril de residuos nucleares a Alemania. El sempre reivindicou a súa inocencia.

Cultura