A naturalidade silvestre de Roger de Flor

A naturalidade silvestre de Roger de Flor

29 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cantautor Roger de Flor ofrece concerto mañá mércores en Ferrol. Actuará misturando o swing pop, country, a balada e o rock atemporal. Roger comezou a súa carreira musical en solitario a comezos do 2007 coa maqueta Canciones de amor y retranca. Coa canción Os dous amigos, presentouse e foi finalista do concurso A polo ghit convocado por Vieiros e a Radio Galega.

No 2009 sacou o disco Naturalidad Silvestre, no que inclue 8 composicións súas e unha do seu compañeiro de fatigas Serguei Izmailov. No ano 2010 o cineasta Carlos Alberto Alonso presentará un documental sobre a vida e as peripecias dun cantautor do século XXI, tomando como motivo a carreira e a música de Roger de Flor. Entretanto continua coas actuacións. Mañá mércores 30 ás 11 da noite. No Bar Asturias, na rúa Real, 231 en Ferrol.

Cultura