Navantia denuncia as promesas incumplidas

Navantia denuncia as promesas incumplidas

19 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Comprometéronse a impulsar o dique flotante, a sexta fragata F-100 e anunciaron como firme o encargo do flotel de Pemex. Con todo, actualmente nada se materializou e en tres semanas se acabará por completo o traballo." segundo afirmou esta mañá o portavoz do persoal da antiga Bazán, Ignacio Naveiras que tamén criticou a xestión do PP en todas as administracións.  Navantia movilizouse esta mañá

Centos de traballadores de Navantia e das súas empresas auxiliares mobilizáronse esta mañá en Ferrol e Fene contra a situación do sector, aburado pola falta de ocupación e polas promesas políticas incumpridas. Naveiras esixiu que se dote de traballo ao sector e manifestou que a presión política pode facer «reversible» a fuga do contrato dos gaseros a Asia. A manifestación partiu ás 10:30 horas da porta do estaleiro ferrolán e dirixiuse á autoestrada AP-9, onde os operarios cortaron a circulación durante uns 45 minutos. O tránsito viuse interrompido pola queima de neumáticos á altura da rotonda de Basanta, antes do Acceso Norte á cidade. De xeito paralelo, os traballadores de Navantia Fene tamén se mobilizaron na estrada das Pias. 

Cos estudiantes

Mañá volverán sair do estaleiro para unirse á manifestación estudantil contra a LOMCE, convocada ás 12 na Praza de España. A CIG de Navantia emitíu un comunicado diante da perda do concurso para a construcción de catro buques gaseiros encargados por Repsol e Gas Natural.

Foi a mediados de xuño cando o ministro Montoro anunciaba a garantía de carga de traballo tanto para as factorias andaluzas como galegas. Referíase áos contratos con Catar, Venezuela, Australia, Emiratos Árabes, orientados á construcción militar; e na parte civil aos gaseiros que negociaban con Repsol e Gas Natural. Afirma a CIG que estes anuncios tapaban as mentiras anteriores sobre os floteis para Pemex e as escusas para non facer o dique flotante ( porque era inviable economicamente ou porque había que consultar á UE). Defende a CIG que despois de 10 anos fora do mercado dos gaseiros, Navantia ten que investir en I+D+I para poñerse ao día. Hai quie prepararse para afrontar os nichos de  mercado que se abrirían de levantarse o veto á construcción civil.

O sindicato nacionalista insiste en que a decisiónd e construir o dique flotante compételle exclusivamente ao goberno que só ten que aprobar a enmenda presentada aos Orzamentos do estado para facer a provisión económicanecesaria para a sua construcción.  CIG mantén que o problema da carga de traballo é político. Ao goberno compételle : o dique, o levantamento do veto e investimento en I+D+I. Decisións políticas que, sostén a CIG, non se queren tomar. E carga finalmente contra o presidente de Navantia pola sua incopetencia e contra os cargos públicos do PP na comarca pola sua complicidade.

Sociedade