Navantia non pode asegurar traballo.

Navantia non pode asegurar traballo.

23 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todolos centros de Navantia, Ferrol, Cadiz e Cartaxena, retoman as movilizacións a vindeira semana, o mércores  29 de xaneiro para manter a tensión coa compañía na procura de carga de traballo. A movilización faráse o día seguinte de coñecer se finalmente Navantia Ferrol construirá o flotel para PEMEX. O comité intercentros reunido onte en Madrid fixou aínda unha segunda movilización para o 15 de febreiro.

O positivo da xuntanza entre o comité intercentros e Navantia foi conocer o pago do 10% da débeda que ten contraída a Armada con Navantia (190 millóns de €) porque supón un respiro financieiro para a compañía, segundo Prieto, e que se confirmase a contratación dos traballos de enxeñería para Turquía, que son “pouca  cousa pero supón outra inxección de diñeiro á empresa” segundo declarou Jorge Prieto.

Navantia trasladoulles a esperanza de facer en Ferrol o 5º gaseiro para Repsol, unha espectativa que de momento está no aire. Tamén negocia a empresa a fabricación de compoñentes da eólica marina para un proxecto liderado por Iberdrola no Mar do Norde. A antiga Astano posiblemente executaria os jackets e as subestacións, comezando a obra a finais deste ano.

Sociedade