Navantia quere ampliar o contrato de mantenemento das fragatas noruegas

Navantia quere ampliar o contrato de mantenemento das fragatas noruegas

05 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia negocia con Noruega un contrato de mantenemento das cinco fragatas xa entregadas á Armada do pais nórdico. O estaleiro entregou en xaneiro do 2011 a última da serie. A F- 314 levou o nome do prestixioso antropólogo e explorador noruego Thor Heyerdahl. O mantenimento inicial dos buques chega ate finais deste ano, pero a empresa pública española negocia nestes momentos unha ampliación do contrato que se prolongaría durante toda a vida das naves,

O contrato con Noruega para a construcción das cinco unidades F-310, valorado en 1.100 millóns de euros, asinouse en Oslo o 23 de xuño do 2000. Para a súa realización, Navantia adicou 1 millón de horas de enxeñería e 11 millóns de horas de produción. Agora o estaleiro quere aproveitar os seus coñecementos para colaborar no mantenemento dos buques.

Ademais da negociación de Noruega, a empresa pública tamén presentou a súa oferta a Turquía para construir un buque de asalto anfibio similar ao Juan Carlos I, o terceiro barco militar máis grande de Europa. Precisamente o L 61 atracou o pasado martes en Estambul e desa cidade partiu onte venres con destino á súa base en Rota. O ministerio de Defensa quixo ensinar in situ as capacidades do modelo e aproveitar a ventaxa de contar cun modelo xa probado, que posiciona a España con certa ventaxa nas negociacións. Se gaña o concurso, Navantia aportaría o deseño e a transferencia de tecnoloxia. O navío fabricaríase no estaleiro Sedef de Turquia, ainda que ademáis dos traballos de enxeñería, a obra implicaría traballo para a fábrica de Turbinas de Ferrol. Estimase que Turquia adoptará unha decisión no prazo de seis meses.

 

Sociedade