A navegación por internet e o uso do correo electrónico

A navegación por internet e o uso do correo electrónico

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes dará comezo, o vindeiro xoves, un novo curso de informática no que participarán un total de 22 alumnos e alumnas do municipio. Concretamente, trátase dun curso no que os participantes aprenderán a utilización de internet e o correo electrónico. Os alumnos repartiranse en dous grupos, tendo lugar as clases os luns e xoves, un grupo de 18 a 19 horas e o outro de 19 a 20 horas, na aula de informática da Casa da Cultura.

Por outra banda, onte pola noite dábanse por finalizados outros dous cursos de informática, un de iniciación e outro de perfeccionamento de Windows XP nos que participaron un total de 20 persoas.Dada a demanda rexistrada e a petición dos alumnos do curso de iniciación, o Concello de Ordes convocará un novo curso de perfeccionamento, para o que as persoas que estean interesadas todavía poden informarse no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes que dirixe o edil José Ramón Vázquez Raña. As datas de celebración todavía están sen confirmar. 

Desta maneira o Concello de Ordes mostra unha vez máis a súa aposta clara pola formación dos seus veciños e veciñas, dando ademais resposta á gran demanda que cada ano hai no municipio en relación aos cursos de informática para adultos.

Sociedade