Navegando polo firmamento

Navegando polo firmamento

25 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha conferencia sobre “Astronomía” imparte esta tarde no Ateneo o voceiro de Astronomía da SGHN de Ferrol, Paulino Gasaya. O profesor convidará ao publico asistente a unha imaxinativa viaxe espacial, unha experiencia diferente.O salón de actos do Ateneo ferrolán convertirase nunha nave espacial.

A proposta é saír da Terra nunha hipotética nave que nos permita percorrer o Sistema Solar, visitando todos os planetas, os seus satélites, asteroides, planetoides, cometas, etc. Para despois entrar na Vía Láctea onde visitaremos estrelas, nebulosas, supernovas, novas, cúmulos abertos, cúmulos pechados, nacemento de estrelas, galaxias satélites, galaxias do Grupo Local, e penetrarnos no Espazo Profundo, onde atoparemos grandes galaxias, choques galácticos, cúmulos de galaxias, e así ata chegar aos confíns do Universo Coñecido.

Paulino Gasaya explicou esta mañá en Radio Fene como desvelar ao público a inmensidade do espacio, un mundo que nos é extrano. Na charla Gasaya abordará tamén o problema da contaminación lumínica nas cidades, un estorbo para mirar o ceo.

Sociedade