Necesitados de apertas

Necesitados de apertas
17 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de medio cento de persoas participarán na celebración do Dia das Apertas que organiza a Asociación O Tadetas. O Día Mundial das Apertas conmemorase o domingo, día 21 de xaneiro. O Tadetas xunta 56 persoas, o aforo completo do restaurante Tortoni, nunha cea que terá lugar o sábado. Ademais de cear haberá sorteo. Os agasallos consistirán en abrazos.

ESCOITA O PODCAST:

Neste momento e nesta situación social “facían falta moitisimos máis abrazos”, sinala Xosé María Permuy, que chama a atención sobre “a crispación que están creando algúns políticos, necesitamos máis abrazos”, opina. Na axenda do Tadetas tamén teñen os preparativos do Entroido e unha visita a Mondoñedo revista para o día 17 de febreiro. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora