Neda acolle o domingo a II Xornada da Liga Galega de Boccia

Neda acolle o domingo a II Xornada da Liga Galega de Boccia

23 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O vindeiro domingo 27 de abril celébrase a segunda xornada da liga galega de Boccia, que comezará ás 10:00 horas e ás 16:00 da tard,e no Pavillón Polideportivo Municipal de Neda, sito en San Isidro s/n (Neda).  A entrada é libre e gratuíta. A Asociación Sociocultural de Minusválidos ASCM colabora co Club ADM na  organización desta 2ª Xornada de Liga Galega de Boccia. Nesta xornada participarán deportistas con disc

A liga galega consta este ano de tres xornadas. A primeira desenvolveuse na cidade de Vigo o pasado 5 de abril e, a terceira e última, terá lugar en Ferrol o próximo 11 de maio. Esta competición é puntuable para o Campionato Nacional de Clubs que terá lugar no mes de xuño en Alacante.

As categorías establecense en función do grao de discapacidade que padecen os deportistas. Todos eles, gravemente afectados e en cadeiras de rodas, lanzan as bólas coas súas mans ou co pé, excepto os da clase correspondente á discapacidade máis severa, que xogan coa axuda dunha canaleta ou rampla, sobre a que o seu auxiliar deposita a bóla, unha vez escollida a dirección polo deportista. Existen probas individuais, por parellas e de equipos, sendo un deporte mixto no que os homes e as mulleres compiten entre si.

Para a organización deste evento cóntase cos voluntarios da ASCM que realizarán as funcións de xuíces de tempo e colaborarán en toda a organización. Tamén haberá unha ambulancia de Protección Civil e o seu equipo de voluntarios.

 

Sociedade