Neda homenaxea ao Pai Fanego

Neda homenaxea ao Pai Fanego

21 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Neda rendirá homenaxe á figura do Pai Fanego. Organizada pola Concellería de Cultura, incluirá a inauguración dunha mostra pictórica, unha conferencia e audición musical. Con entrada libre e  gratuíta, celebraráse o mércores, 22 de xaneiro, a partires das 20 horas no Bar  Hermida (Avenida de Castelao, 31, no Barrio da Estación), establecemento que  conta cun espazo espositivo.

A homenaxe arrancará coa inauguración da mostra de óleos do pintor Jaime Tenreiro. Retratos non só do Pai Fanego, senón tamén doutros destacados músicos naturais de Neda. E é que a real vila conta cunha longa tradición musical que
 nace xa do Trovador Esquío e que continuou ao longo dos séculos, con figuras  tan destacadas como Javier Méndez, o profesor Yáñez ou Fausto Cansado e, que hoxe, segue moi latente coa Rondalla Lucero del Alba.

De seguido, o musicógrafo ferrolán Juan José Rodríguez de los Ríos, coautor dunha biografía do homenaxeado xunto co Padre Calo, impartirá unha conferencia sobre o homenaxeado, que incluirá  unha audición musical. Será un momento especial para el xa que se trata de gravacións inéditas que o mestre fixo para o alumno a principios dos anos 70, segundo declarou Rodríguez de los Ríos en Radio Fene.

O autor de " D. Manuel Pérez Fanego, sacerdote y músico" manifestou que unha das gradezas musicais do padre Fanego era a sua voz. Fanego dirixíu a Coral Polifónica de Bazán dende o ano 1941 ata o 1988, ano da sua morte. 

Sociedade