Neda inicia unha nova fase de rehabilitación de vivendas no casco histórico

Neda inicia unha nova fase de rehabilitación de vivendas no casco histórico

01 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os veciños de Neda- A Coruña-  poden xa solicitar no Concello axudas de até 18.000 euros para rehabilitar as súas vivendas no centro histórico da vila. O alcalde, Ignacio Cabezón, destaca o apoio que presta a Oficina Municipal de Rehabilitación á hora de tramitar as axudas e supervisar os proxectos. O Concello inicia a sexta fase do convenio subscrito con Fomento e Xunta  que contempla catorce intervencións subvencionables e fondo

A axuda media por vivenda será de 11.600 euros aínda que, dependendo do volume de obra e ingresos, poden alcanzar hasta os 18.000 euros. A Oficina Municipal de Rehabilitación (xunto á Torre do Reloxo) será a encargada de prestar apoio aos cidadáns desde o primeiro momento do proxecto, porque o equipo municipal non só se ocupa de redactar a documentación técnica e administrativa senón de asesorar en todos os pasos e supervisar a execución das obras.

Desde o Concello tamén se destaca un cambio importante desta convocatoria respecto á de convenios anteriores. Se noutras fases a axuda media era de 9.000 euros por vivenda, agora a contía elévase até os 11.600 . Así mesmo, apúntase que aqueles cidadáns interesados en recuperar os seus inmobles no ARI tamén poden optar a outra liña de subvencións, compatibles coas anteriores. É o caso de Axúdas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago. Subvencións máximas de 6.600 euros para o remate de fachadas e rehabilitación, e de 8.600 euros para a reconstrucción de edificios e viviendas.

Sociedade